martes, 30 de agosto de 2016

Nenez








Infancia que morreu,
xuventude que voa.
Axiña pasa a vida
sen dar abasto.

jueves, 18 de agosto de 2016

Mala sorte escribir sen ler

Disque cando un ten mala sorte a muller fillos doutro.
     Pois algo así aconteceulle onte ó pobre Mendy. Ademais de amosarlle dúas tarxetas vermellas seguidas, vai o árbitro e expúlsao. Inda por riba! 
     - Non era o seu día.
     - O do futbolista ou o do xornalista?
No Faro de Vigo de hoxe 18.

viernes, 29 de julio de 2016

E dálle!










 Outro máis noutra igrexa, este xa cheíño coma un odre, coma unha centola...









E isto?
Polo sitio onde está supoño que non será a pota do caldo. Nin uma cataplana!, amigo portugués.

miércoles, 27 de julio de 2016

E a bolsa do sancristán?

As novas fontes, descoñecidas por min cando menos, de financiación da Igrexa en Francia pasan por cravar unha chincheta nun toro de árbore. E pagar, claro!
 
     





Ben pretiño xa hai repostos, non vaia ser.





E isto?
De lonxe semella unha gaiola para as pitas pero non o é.

domingo, 19 de junio de 2016

Non agardes

Non me agardes esperta, 
podo tardar.
Non me agardes esperta, 
dixo o viúvo.

domingo, 15 de mayo de 2016

Respecto II

      Esta foto non foi tomada nin en Londres nin en Massachusetts, isto é Vigo e o que non saiba inglés non almorza.
     Iso si, está bilingüe (reiteracións tarta-pie aparte) tal como gusta nos tempos modernos.


lunes, 2 de mayo de 2016

Somos ben curiosos

     Ben faría Marta Doviro en pasar por Vigo. Enchería unha tempada enteira do seu programa.
    
     
     Porque neste neoxornalismo imperante aprendemos que unha ruptura de parella non é unha separación e, aí vou!, que unha separación "amistosa" non é unha ruptura de parella.
     Polo que se ve, nesta cidade hai máis das segundas. Aledámonos.

sábado, 27 de febrero de 2016

Cruce xeométrico













Non son quen de entender a xeometría deste coñecido cruce francés.
Tampouco me atrevín a preguntarllo a quen me atendeu. Con ese nome... Ti de aquí non es, ou?

sábado, 20 de febrero de 2016

miércoles, 3 de febrero de 2016

Hola, me llamo Genjo

Así tratan a nosa língua na Televisión Española, nunca mellor dito.
(Xinzo ten a mesma orixe que Xenxo)