sábado, 10 de septiembre de 2011

Aínda!

     Retírase un ministro de Franco, o tipo ten 89 anos e aínda estaba ahí dando... Agora, os ingleses titulando... Como diría Benito, de Vilanova de Arousa: iso se non é joder, é querer.

miércoles, 17 de agosto de 2011

É certo

 
pero quizais o único que nos queda

sábado, 13 de agosto de 2011

 
Un pouco de retranca ante as declaracións da Concelleira de cultura da Coruña.

martes, 9 de agosto de 2011

Cada quen no seu sitio

No Diario de Pontevedra do 8 de agosto (páxina 42) queda todo ben claro. María José é a única residente en Pontevedra, Guillermo e Ernesto son peñistas pero Antonio e Marisol son funcionarios que por suposto non poden ser peñistas nin vivir nesa cidade. Iso sí, non sabemos onde viven Ernesto e Guillermo. O que sabemos é que María José non é funcionaria nin peñista, pasaría por alí. Non sei, déixoo, estoume liando.

martes, 2 de agosto de 2011

Los gallegos tienen que defender las ventajas de usar su idioma

Lémbrome dunha vez que unha camareira nun bar, ó ser preguntada por un amigo meu por que falaba galego (extrañouse el, era moi nova), só respostou: "Se non o falamos nos, quen o vai falar?"
Onte un home de Ourense falando comigo non sabía o que eran nin chícharos nin ervillas (ervellas), tamén onte en El País falaba Takekazu Asaka. O que non facemos nós, fano os de fóra.

lunes, 18 de julio de 2011

E despois...

Despois de xantar unhas croquetas de polo, a partida. Que non falle!

viernes, 15 de julio de 2011

Unha de croquetas

María, a min tamén me gustan as de polo

martes, 12 de julio de 2011

Os mercaderes do pavillón II: Vergoña!

Agora xa sabemos un dos xeitos que teñen de se facer con propiedades.

sábado, 9 de julio de 2011

Non é utopía

que non o sexa
 
pode haber telexornais así.

martes, 5 de julio de 2011

Os mercaderes do pavillón

     Este libro, escrito, editado e publicado polo Bispado de Tui-Vigo é unha revisión actualizada do evanxelio de San Xoán. Daquela Xesús expulsaba ós vendedores do templo, nesta...
     E tratan cun pavillón adicado ó deporte, feito, construído polos veciños cas súas mans, (ceibe de calquer institución) e polo que piden 850 € ó mes!. Eles só tiñan un terreo (habería que saber como conseguiu a Igrexa tanta propiedade), pero agora que hai unha construcción e a posibilidade duns cartiños...
     E para os que teñan facebook

martes, 28 de junio de 2011

Outro máis.




Pecha Galicia Hoxe, coma xa fixeron A Nosa Terra, Vieiros, A Peneira... Ata cando?




 





lunes, 27 de junio de 2011

Vírgula

Qué grande é o poder de ubicación dunha simple coma!
Lee a seguinte frase, onde falta unha coma:
"Se o home soupera realmente o valor que ten a muller andaría en catro patas na súa búsqueda".
Se es muller, con toda seguridade colocarías a coma despois da palabra "muller".
Se es home, con toda seguridade colocarías a coma despois da palabra "ten".
OU NON?

Esta broma circula por internet pero na cidade de Vigo, fronte ó porto, pódese ver isto

 
Corina Porro Martínez terá moitas virtudes, non sei, digo eu. Entre elas ser a nena no bautizo, a noiva na voda e a morta no funeral, agás concelleira en Vigo. Ou xogo de dianteiro ou non xogo, eu estou aquí para marcar os goles e figurar nos xornais, non para traballar por Vigo. E como escolleron a outro "caballero" para mandar, marcha. O que si non sei e se pode inaugurar o mar no que desapareceron mariñeiros. Quizáis lle falle unha vírgula a ese mar.

domingo, 26 de junio de 2011

Faltábame un


Academia Octavio (Asobal)
Obradoiro Cab (ACB)  


El Olivo (Superliga) e con respecto a estas últimas, un botón de mostra: as súas contrarias en equipos punteiros coma Barcelona, Espanyol... cobran tanto arriba, tanto abaixo unha prima duns 130 € por empatar un partido e 200 por gañalo. Elas 20. Hai xogadoras que esixen traballo ademáis de cobrar polo equipo ou se non, un bo soldo por só xogar. En Vigo non haberá fichaxes.

E o C.D. Lugo? Que/quen fallou no Anfield Carro?

martes, 31 de mayo de 2011

Xusto agora, home!

Lendoiro: "El fútbol del norte de Galicia es diferente al del sur; aquí gusta la calidad"

Enfurruñouse o neno/presidente! Isto dixoo tras o descenso.

lunes, 23 de mayo de 2011

Resultados en Oímbra (ver 17 de maio)

Non os ía pór pero por se alguén ten curiosidade:

PP: 8 concelleiros, 68% dos votos. No 2007, 6 e 67%
PSOE: 2 e 19% dos votos. Nas anteriores, 2 e 21%
BNG: 1 e 11%. Antes, 1 e 10%

No 2007 había 9 edís, agora dous máis... do PP.


domingo, 22 de mayo de 2011

martes, 17 de mayo de 2011

Dereito a vivenda.

Traballo non haberá, agora vivenda...

No número 6 da rúa dos Pateiros en Oímbra están censados 27, dixen ben, vintesete inmigrantes sen relación nengunha de parentesco entre eles. Este feito dase en outras casas do pobo chegando en varias a máis de 20, pero nesa é onde máis hai. E a vivenda é de... Alfonso Villarino... o alcalde! (PP). "Unos van y otros vienen" di o home, supoño sorprendido polo eco da noticia e o mal pensar da xente: o día 22...

Para que logo falen deles. Repito, choio igual non hai pero un lugar onde durmir e vivir... Oímbra! Viva o noso alcalde! que para iso leva 30 anos. E o día 22... acaba a liga.

lunes, 14 de marzo de 2011

Nacionalcatolicismo.

É a denominación ca que se coñece unha das señas de identidade ideolóxica do franquismo, o réxime dictatorial co que Francisco Franco gobernou España entre 1936 e 1975. A súa manifestación máis visible foi a hexemonía que tiña a Igrexa Católica en todos os aspectos da vida pública e incluso privada. Isto di wikipedia, o que non sei e por que pon como data de remate 1975. Estamos en 2011 e como dixo Carol Anne Freeling en Poltergeist
¡ya están aquí!























En Galicia correximos a Carol e dicimos aínda

E despois da misa:

Este concelleiro do PP era o azote do botellón en Santiago e mesmo chegou a infiltrarse nun ca súa compañeira Paula Prado. Moito aprendeu.

viernes, 11 de marzo de 2011

Doado

Conta a miña nai que unha vez de nena tivo que sair da casa, deixou as chaves debaixo do felpudo (antes facíase: nas plantas, nos buratos..., non había tantas copias) pero iso sí, por se viñan a miña avoa ou a miña tía e como non o sabían, na porta quedou unha nota que dicía: "As chaves están debaixo do felpudo".

Esta familia de Melgaço evita toda esa literatura e aforra papel.

domingo, 20 de febrero de 2011

Ribeira sacra sur

Boa xornada do sábado pasada entre o mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil (moi ben reformado e preparado para a hostalería) e o de San Pedro de Rocas (precioso, co centro de interpretación da Ribeira Sacra, a espadana na pedra fóra da igrexa e impresionan as tumbas de pedra). Do primeiro salientar tamén os tres claustros.

No medio parada para xantar en A Fontradeira (Xunqueira de Espadañedo), cómese ben e acompaña a simpatía da filla dos donos. Alí pretiño está Niñodaguia (cerámica) e o Alto do Couso cunha olería co mesmo nome onde se entra merca seguro, leve coidado! (pero hai que ir)

E de volta para casa parada ó azar na carnizaría Quintana que está na Derrasa (Pereiro de Aguiar) cerca de O Roupeiro, sempre recomendable. Pois moi, moi boa a carnicería con moi bo material. De ahí viñeron os riles da cea.

Límpeos ben (por fóra deberán vir) por dentro sacándolle toda a graxa. Córteos aproveitando o dibuxo, esa especie de esferas e páseos pola tixola con pouco aceite. Tire de ahí a un anaco todo o líquido que botaron e comece de novo cun chisco de aceite. Pouco despois cebola en xuliana, sal e imos movendo para que se fagan ó tempo. Ó que estea a cebola, bo chorro de Porto e deixamos facer e reducir. Riquísimo. Bo proveito e grazas.

lunes, 14 de febrero de 2011

domingo, 13 de febrero de 2011

Estache ben o conto!

Feijóo pide a sus candidatos que reduzcan los gastos innecesarios

Se son innecesarios podedes gastar pero ollo! só ata o 70 %. Pero gastade, podedes usalos sen medo que os cartos non son nosos.

lunes, 24 de enero de 2011

Manda carallo!

Correos non admite esta imaxe como selo. De nada lle serve ser o autor homenaxeado co gallo do Día das Letras Galegas. Non vale e non vale, ¡porque lo digo yo!.

sábado, 22 de enero de 2011

Grazas redelibros!

Texto gañador do Concurso de Microcontos en redelibros.com:
Hule sen futuro
Son dezaseis. E para eles a vida en Calvo, concello de Pardiñas é sempre a mesma: os días, os meses, os anos son todos iguais un ó outro, un ó outro. Coma as tardes en casa de Victoria. Dende que enviuvou hai xa sete anos, Nina acude ca súa veciña pra deixar pasar a vida entre partidas e paroladas, rifas e risas.
Victoria pon a quentar o leite, que tomarán con pouco azucre e menos descafeinado, “pra darlle gusto, o leite solo tamén…”, recolle a mesa e deixa cair un tapete tan descolorido coma as cartas que enriba quedan. Da igual o día, o tempo…
Só unha vez mercaron o xornal, unha vez soa. Cando a dobre páxina central apareceu a nova “La alcaldesa quería irse con el enterrador”. Unha enorme foto ocupaba ámbalas dúas páxinas, debaixo o titular e despois todos os detalles ocupando as dúas follas.
Baixo o branco frío decembro, este xoves presenta algo diferente, algo que á dona da casa non lle gosta e lle asusta. Tras facer a rutina xa autómata, hoxe deulle tempo mesmo a lavar os cacharros, varrer e fregar a cociña pero segue soa. Na televisión, un repelido rapaz di: “… estamos en directo, son as cinco e trece da tarde e…”.
Victoria apagou o lume, recolleu “a ferramenta” do vicio que ambas tiñan e sentou cas mans xuntas. Unhas fiestras con moito pasado termaban unhas bágoas cargadas de dor mentras ollaban un hule sen futuro. Eran dezasete.

miércoles, 12 de enero de 2011

sábado, 1 de enero de 2011

Un que se vai, outro que ven

Teño 2.011 desexos para vostedes, pero son moitos para enumerar aquí. Conformémonos con ila virando e sexan felices, que ben o merecen.

Feliz aninovo