lunes, 31 de diciembre de 2018

Marisco de terra

En Teis cantan, se isto inda se fai en bares e tabernas, unha copla que di:
Sucedeu na Balbarda
unha cousa interesante, 
que nun campo cheo de millo
apareceu un lumbrigante. 
O retrouso ben llo poden pór vostedes porque é o máis que coñecido "Meu caldo, meu grelo..."
     Pois xusto en fronte da Balbarda, atravesando a Avenida de Galicia, apareceu marisco. Aí o teñen, no medio do lixo nunha casa da que só queda algún anaco de parede que delimita o actual vertedoiro.


   
   
    Deséxolle ós cans e gatos deste barrio bos e fortes dentes e a todos vostedes, se alguén me le, un moi feliz ano novo.
    Sexan felices, que ben o merecen.

Saúde!

lunes, 10 de diciembre de 2018

Lúas de Lugo








Non quere perder
a lúa seu paseo.
Multiplícase.




Ghaiku
 

sábado, 3 de noviembre de 2018

Almorzo






Comeza un novo día.
O intre en que, cada mañá, morre María de Gullón.

viernes, 5 de octubre de 2018






Proximidade

Branco sobre negro
Lugo, 2018

lunes, 1 de octubre de 2018

Discordancias

Xénero.
   Comeza forte outubro o Faro de Vigo. Por dúas veces fala de "el anpa" dun colexio de Bembrive. Teñen pinta de seren bravos por esas terras.
     Señores do Faro, (voulles falar español para que me entendan), el hampa se escribe siempre con h y con m, siempre.
     Outra cousa distinta a engadir é que anpa non existe no noso dicionario e se falamos (ou escribimos) en español, que significa o n?
     Quen sae nas fotos? Por certo, gustoume o trato: vén en autoridades que, segundo se le no medio das imaxes, non son persoas.

 
 Número.
     Aledámonos por Valverde que acaba de acadar "su 122 victorias".
     Parabéns!
    Para Alejandro! digo, non por R. Orosa; horrorosa a súa escrita.





     Isto acontece porque na redacción do xornal quizais non teñan reloxos de posición (señores periodistas: chámanse GPS. Perdón polo de periodistas) como si teñen no pavillón de Lugo.
      Inda que non funcionen.


sábado, 25 de agosto de 2018

Raio de lúa







Rúa acesa
de luzada da noite
só para eles.


Ghaiku

viernes, 15 de junio de 2018

Escada ó ceo

         Ás veces, cando o meu amigo Brotini te atopa pola rúa cóntache aquilo de:
     - Chimpanacona tiña un riló
        pero non o podía poñere.
     - Por qué?
     - Porque era de parede.

     Igual de inocentes que cando lle facemos esa pregunta, tamén podemos crer que se tódalas cancións viñesen de lendas, os vellos contaríannos unha que di (se cadra é certo, eu non digo nada) que detrás de cada parede, ó final da esqueira, hai un ceo. Pero non podemos velo.

     Porque hai unha parede.
    

sábado, 2 de junio de 2018

Pucho de sol






El encolleuse
viu o ceo nos seus ollos
ficou calado.








 
Fronte ó banco
escoitaba un home
pétreos contos.


Ghaikus

jueves, 17 de mayo de 2018

Póvoa de Varzim. Librerías.

     



     Sempre é un pracer pasar uns días en Póvoa, vila que me gusta e moito. Ten tanto que ver, comer, ulir, pasear, beber... Dende a súa praza de abastos ata a beiramar e a praia, todo; pasando, por suposto, polo máis que recomendado Theatro, restaurante, viñoteca, librería, galería e lugar de exposicións, conferencias, presentacións... o que cadre cae ben neste sitio.
     Non foi aí onde atopei isto.
     















 O amor, o amor, l'amour...
Xa o di meu amigo Q: Quen quere mulleres!

miércoles, 25 de abril de 2018

domingo, 4 de febrero de 2018

Turismo en San Brais

Con iso xa queda todo dito, o que pode dar de si! Era o viño... (canten, canten)
Moito agradecemos a xente que vén de fóra a nos ensinar, sobre todo se son cousas de aquí.
"El tiempo es muy gallego". Coñezo xente que con moito menos fixo dúas teses e un máster. Pero non abonda con iso, imos un paso máis aló e "el tiempo es muy gallego pero es invierno". Iso xa é outra cousa, outro nivel ó que eu non chego. Non podo.
"Si fuese verano sería otra cosa" ¡Ahí estás tú! Aí quería eu verte! Ole! Ole y ole. 
Outro pasiño: "pero se permite". Gracias, moitas gracias pola vosa benevolencia e magnanimidade. E polo ensino! Gracias.
Benvidos sexan.

sábado, 13 de enero de 2018

Solidariedade

  

      Pobre de quen teña que ir traballar tódolos días. Ademais do que se está a cobrar nestes tempos pode collerche a neve no camiño e... e seguro que che descontan o día.
     E os que teñen a familia afastada de si? Pode que che apeteza velos unha vez ó ano nestas datas. Colles o coche e... Tolo de ti! Estache ben!
     Co ben que se está na casiña ó quente (este seguro que pode) sentado no sofá escribíndolle cartas ós xornais... Botarse a estrada... a quen se lle ocorre! Louco!
     Quen asistirá (en calqueira circunstancia adversa da vida) ó señor Gefaell co grao de solidariedade que el amosa? El nunca chama a ninguén?
     Non poño aquí o meu número.