jueves, 30 de diciembre de 2010

Loito no Luar

Ven de finar Bobby Farrell, o cantante de Boney M (d.e.p.). Os fins de ano non serán o mesmo sen el.

Xa lle van quedando menos a Gayoso e menos polo tanto a quen chamar. O malo do pasamento son as datas nas que nos atopamos e o lugar: San Petersburgo. Ó ser preguntado o repetidísimo presentador do coñecido programa respostou: "Se aínda puxeran ómnibus..." É moi noso o Jalloso

jueves, 23 de diciembre de 2010

BOAS FESTAS!

Aproveito este video para desexarlles unhas moi felices festas

miércoles, 8 de diciembre de 2010

En Valladolid


Ésta debe ser unha rama castelá da familia de don Álvaro. Pero aínda así, non sería "ceramista"? Ou "vasar", non sei, digo eu. Pero é igual, se existe Sangenjo... Taza é cunca, de cunca cunqueiro, traducimos de novo ó español:

domingo, 7 de noviembre de 2010

Xa marcharon.

Podedes deixar ós nenos saír a xogar.

E a portada do ABC? Preciosa les quedó... ¡Divina!
A bandeira española a dúas páxinas (portada e contraportada). Na primeira franxa vermella "Bienvenido", na segunda "Santo Padre" e no medio, na amarela o escudo vaticano á esquerda ¿? e o español a dereita, agora sí.

En todos os xornais: "O Papa rechaza o aborto e as unións homosexuais". Pensamento, conciencia, relixión... Veña, hala! Viva a liberdade!. Liberdade dixo alguén? ¡Es que no se te puede sacar de casa! Ai, Bieitiño, estás pra levarte por ahí! Invítante a casa e císcaste no salón.

Isto sí que son vacacións para un paisano de 83 anos, pagadas polos gobernos, e non as dos meus pais que lle teñen que pagar eles ó Inserso. Aínda que hai alguén que di que o viu a traballar na viña.
Con música dos Chichos: - Niño ¿por qué lloras? - Porque viene el Papa






sábado, 30 de octubre de 2010

Todos con Retranca!

Agora o PP de Galicia di que a visita do Papa a Santiago deixará 17 millóns de euros de beneficio, segundo Natalia Barros, portavoz de turismo do grupo popular.

Alberto Núñez Feijóo espera recuperar o gasto multiplicado por dez. A visita podería ter un impacto económico de 31 millons de euros, segundo un estudo do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia encargado pola Junta, segundo publicou a semana pasada La Voz de Galicia.

Pois retiro o por min aquí redactado o 15 de setembro, porque se custándonos 6.451 euros por minuto (publico.es) gañamos 17 millóns con só 3 de perda, pagaba a pena gastar os catro previstos de inicio, non? Igual eran 25 de ganancia! OU MÁIS!

Todos a Santiago! Xa saben, bandeiriñas españolas (coma non!): roja y gualda, como toda la vida e outras amarelas e brancas en dúas metades verticais. As brancas con liña azul diagonal non por favor, ésas non gostan moito. Movémolas ben e cantamos aquilo de (a música xa a saben) "Vaticanos, os recibimos con alegría..."

Cando a liberdade de expresión perde iso, a liberdade... sempre nos queda a Retranca.

martes, 26 de octubre de 2010

Se non a coidamos nós...

Gracias a Iván Estévez, que escribiu a farodevigo.es, reparei no cartel que o Concello de Vigo colocou pola cidade:


Precioso! Esas preguntas! Que prosa! Que signos de interrogación! Pero que bien falan estos do Concejo! Nunca saberemos de onde vimos e onde imos se non coidamos a nosa lingua.

Falando do Faro de Vigo, son un seguidor de Fernando Franco no seu "Mira Vigo" onde hoxe atopo o seguinte: "Han fotografiado ya a muchos vigueses (Moncho Borrajo, Corina Porro...) para un libro y una exposición." (textual, véxase http://www.farodevigo.es/opinion/2010/10/26/mira-vigo/484560.html).

E a mín non ma fixeron! Eu, que nacín en Lugo! Que teñen os de Baños de Molgas e as de Ferrol que non teñamos os lugueses? EU QUERO FOTO!

Escribinlle un comentario na internet e non mo puxeron. Non será censura. Iso sí, seguirei lendo a F. Franco.

miércoles, 15 de septiembre de 2010

Xúntanseme Bieito XVI e Supertramp.

Perdón polo de Xunta, pero tamén Feijoo e cia. algo teñen que ver nesta nova banda.
Agora din que os gastos da viaxe do Papa a Galicia (logo rectificarei) serán de tres millóns de euros. Ah, bueno, así sí! É que antes dicían que ían ser catro! millóns. E non é o mesmo, oia! Así saeranos a conta en 6.250 € o minuto e iso está ben, non o que tiñan pensado, que era medio millón de euros a hora.
E só ven a Santiago, se chega visitar Galicia...! (rectificación)
Quen dixo crise?


Que aconteceu o 2-9-10 en Pontevedra?

Porque anda que como estaban os que fixeron o Diario que saíu a rúa o 3 de setembro!
Imos comezar ó revés, pola contraportada, onde xa viran a Feira Franca de 2011, ademáis diso de "...xa está aquí engalanouse para..":











E resulta que na Copa Deputación ó Teucro tocoulle nada máis e nada menos que o Cangas, un "derbi"! (páxina 59). Anda que se lle chega a tocar o Ciudad Real! Sería raro, verdade? Ademáis do potencial que ten o equipo manchego, habería que desprazarse a Salamanca ou Valladolid pra xogar na Copa Deputación de Pontevedra,... estoume perdendo máis ca eles. Na outra semifinal, que xoguen Octavio (de Vigo) e Chapela xa non, non podemos nin debemos considerar isto coma derbi, será pola distancia, non sei, digo eu


Como se chama esta nena? (páxina 79: Vivir aquí/Gente a diario)

jueves, 29 de julio de 2010

Ata en Barra!

Pois xa chegaron alí, a Barra. Na nudista praia de Cangas xa hai tumbonas e patíns de pedais (de pago, por suposto). E a xente está que come lume e caga tizóns, madia leva!. Ocupáronlle a mellor zona da praia e menos mal que perante a presión popular agora xa só lle rouban a metade do que antes facían. É unha praia salvaxe,nudista, naturista e querémola así, sen xoguetes. Que como deixemos que vaian traendo cousas... supoño que así comezou Benidorm.

Ademáis do atentado e nova proba do feismo, vano facer en Barra! Que me dan gañas de deitarme nún e ca roupa que un leva nese areal, con que non cobren en cromos de Vicky o vikingo...!

lunes, 26 de julio de 2010

Así estamos, así nos vai

Un policía amenaza a una andaluza por usar el gallego.

Isto é real, aconteceu en Santiago onte 25, día da Patria Galega precisamente. A muller é periodista do País (ahí podedes leer a nova) e tras agarrala díxolle que alí non hai Praza da Pescadería Vella (nome oficial), que é Pescadería Vieja. Tamén está no Faro de Vigo e en outros moitos periódicos, nin o soñei nin o inventei, non teño tanta imaxinación.

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/policia/amenaza/andaluza/usar/gallego/elpepuespgal/20100726elpgal_7/Tes
http://www.farodevigo.es/galicia/2010/07/26/policia-amenazo-periodista-utilizar-gallego/459255.html

miércoles, 14 de julio de 2010

Díxomo Jose Antonio:

"Xa somos campeóns. Acabouse a crisis"

martes, 22 de junio de 2010


Muito obrigado, MESTRE

jueves, 10 de junio de 2010

Por un Celta laico

Sr. Mouriño: (con ñ de Galicia, o outro queda máis afastado)

Primeiro foi "o cura" e iso que viña da diocese do Madrid! e nada. Agora está o Sacristán, e nada de nada!, seica tampouco vale. Como sigamos descendendo... (ollo ca palabra!)... Xa estiven buscando e non lle atopei ningún entrenador Monaguillo ou algo semellante pero seguro que vostede ou algún dos seus observadores sí, pero non llo recomendo. Gracias pola súa atención.

viernes, 28 de mayo de 2010

Póla de loureiro.

Na primeira corrida deste San Isidro 2010, en lembranza agarimosa do finado Salvador Valverde "Salva" saíu na praza de touros de Madrid unha enorme pancarta que dicía: ¿A quién defiende la autoridad? pois este era un berro típico deste gran afeccionado.

Leeuse estes días na prensa que a Xunta (perdón, Junta) de Galicia dá carta branca ós establecementos hosteleiros pra que poidan modificar os prezos dos produtos e servizos cando lles pete, sen ter que pasar por rexistro algún e sen que cumpra selo oficial. Abonda que esté a vista nun taboleiro a lista de prezos, de xeito que hoxe pode que o viño non lle custe o mesmo que onte. Quere a casualidade que isto aconteza en ano xacobeo (jacobeo, perdón) e no comezo do verán, as cousas que ten o azar.

Ó mesmo tempo quere prohibir os furanchos, expresión autóctona, aglutinante e punto de unión das xentes da nosa terra. Ahí se canta, se bebe, se baila... pero esa clase de xente non vai, a esa xente de clase non lle vai. Déixanlle a opción que se acollan a unha das situacións da lei (bares, cafeterías e restaurantes) e que paguen as correspondentes taxas, será por esto último, non sei, digo eu. Pero un furancho é algo concreto e limitado no tempo, estacional, está mentres queda no bocoi viño da casa, da propia colleita. Despois, chave e adeus, moi boas, deica o ano que ven.

Por eles, polos furanchos abalo aquí unha poliña de loureiro.

Dirase jacobino?

Hai unha páxina www.comerenfuranchos.com , sobre eles.

jueves, 27 de mayo de 2010

Mira de ser feliz, que guapo non vas ser. Agustín Castro. "Profecías"

Polbo sen auga

A petición do público (como se di nos espectáculos) e en especial dos profesores do IES As Barxas de Moaña paso a contar como se pode facer un polbo sen pinga de auga, co que evitamos cocelo (que perdería moito ó disolver no líquido) e máis gañamos un caldo concentradísimo con moito sabor ó molusco que nos valerá para moitas cousas.


Engadir que o sabor lóxicamente e máis forte que o típico e que tamén así comprobamos canto e que (auga conxelada?) nos venden e en que queda aquél animaliño que nolo venderon por dous kilos e ó ilo comer ó final foron de verdade...

Na ola exprés valeira ó lume (aínda queda lume por ahí?) ponse o polbo e NADA MÁIS que o polbo. Vale, sí, se vostede lle bota loureiro mándelle unha folliña ou dúas se son pequenas; vostede cebola di? bótelle, bótelle. O señor gosta del con ... ou cunha peza de... tamén vale!. Pechamos unha ola exprés valeira cun polbo e cando comeze o fume a saír, o asubío a soar, a peza que indica xa subiu, etc. pois ahí dámoslle uns 6 ou 7 minutos aprox. para un polbo medio.


Pero se o queremos con pataquiñas deben abondar 5 e logo abrimos co coidado preciso, engadimosllas, suxerencia sen pelar, e deixamos arredor doutros 6 minutos nos que as patacas xa van collendo esa cor tan recordada e suxerente ou suxestiva.

Aceite, sal, pemento
e bo proveito.

Idea persoal: Pódese rematar se se quere, quédalle sempre ben, cortándolle as patas e saltealas enteiras nunha tixola cun pouco de aceite de oliva, "á prancha". Ahí é onde podemos zarrapicarlle o pemento por riba. Pelamos as patacas, esmagámolas un pouco na fonte co garfo pra que escachen en anacos irregulares, as patas encima ca testa picada, sal, aceite de oliva e... xa me contarán, xa.

miércoles, 19 de mayo de 2010

Outra vaca no millo

Eramos poucos...

Coma se non nos chegara ca outra fata...




que aínda insistiu a moi H.P., no sentido máis pexorativo do termo.

martes, 18 de mayo de 2010

Nacemento

Comeza aquí e agora este blog e que mellor para empezar que unha festa, a romaría Raigame que todos os anos celébrase en Vilanova dos Infantes, a carón de Celanova co gallo do Día das Letras Galegas. Pero como se atreve a preguntarme que data?!?!?!

Acudín por primeira vez este ano e dende aquí xa prometo que non foi o derradeiro nin moitísimo menos. É irrepetible e inesquecible polo que recomendo vivamente a asistencia. Non faltan dende a mañá deica a noite música da nosa, comida e bebida, artesanía, demostracións, xogos, postos de venda de todos os artigos (libros, queixos, antigüidades...) e un sinfín de sorpresas que asaltan a un en cada recuncho de esta (hai que dicilo) fermosísima vila.

Iso sí, algún comeza así o día



e remátao


como pode.