domingo, 15 de mayo de 2016

Respecto II

      Esta foto non foi tomada nin en Londres nin en Massachusetts, isto é Vigo e o que non saiba inglés non almorza.
     Iso si, está bilingüe (reiteracións tarta-pie aparte) tal como gusta nos tempos modernos.


lunes, 2 de mayo de 2016

Somos ben curiosos

     Ben faría Marta Doviro en pasar por Vigo. Enchería unha tempada enteira do seu programa.
    
     
     Porque neste neoxornalismo imperante aprendemos que unha ruptura de parella non é unha separación e, aí vou!, que unha separación "amistosa" non é unha ruptura de parella.
     Polo que se ve, nesta cidade hai máis das segundas. Aledámonos.