jueves, 15 de noviembre de 2012

Vai ben a cousa

Onte un só equipo de primeira división (non me pagan publicidade) fixo folga

Os demáis vaille ben, non teñen problemas... nin familias, nin amigos.

miércoles, 14 de noviembre de 2012

lunes, 20 de agosto de 2012

La verdad, entender enténdese.


Acudín hoxe mesmo ó Mercado da Tía Ni (R/ Julián Valverde, 36 - Sabarís, Baiona). Non era a primeira vez nin será a última, abofé. Aconséllolle dar unha voltiña por esta casa chea de produtos de todo tipo en merca-venda, mesmo libros ó peso, ó kilo. E se queren aproveitar aínda máis a viaxe (iso fixen eu), vaian un luns que amais de ter un rastro de antigüidades na entrada é día de mercado en Sabarís. E asegúrolle que non é malo, de certo.



E nun dos cuartos, atopei esta clasificación temática dos libros que alí se venden (estes non van ó peso) na que se ve á dereita unha explicación se cadra innecesaria bilingüe. Arriba á esquerda só vai en español e abaixo a unión de ambos idiomas sen necesidade de traducción. "Mellor, aforramos" debeu pensar quen o fixo.

lunes, 30 de julio de 2012

Sen sorpresas

Nestas olimpíadas tamén gañaron os favoritos, quero dicir que saíron agraciados no sorteo os que tiñan máis papeletas independientemente da súa familia. O bo é saber que créase emprego, que hai traballo.
   

miércoles, 25 de julio de 2012

Erro gracioso polo menos

     Fixádevos na foto que ven nesta nova que publica Orange e lede o texto que acompaña. ¡Cómo Rueda el mundo, Alfonso! Onte conselleiro de Presidencia e hoxe narcotraficante e lavandeiro de cartos. Por certo, estes de onde lle veñen, do primeiro ou do segundo? Total, só son 4´5 millóns de euros, unha brincadeira, coma este texto.

viernes, 27 de abril de 2012

Sen palabras

Ía pór algo pero a verdade é que non me sae nada, o titular xa do di todo. Gracias.

miércoles, 25 de abril de 2012

martes, 3 de abril de 2012

sábado, 25 de febrero de 2012

Outra vaca no millo ou lembranza de Dante.

A liga de fútbol en segunda división rematou na tempada 2007/08 o 15 de xuño de 2008 e boa memoria ten que ter o presidente do Rácing de Ferrol que se lembra do acontecido aquel día, a boa hora, home!
Pero o orixinal do conto é que a súa memoria actívase agora que o equipo vai mal en terceira división. Se retornara un ano despois á categoría de prata, tería estes recordos?

Iso sí, recoñezámoslle ó conxunto departamental unha mala sorte terrible: é o único equipo de toda a historia en España (estou investigando pero non atopo tampouco caso igual no mundo) que baixou por un partido, por un só encontro. Porque o Ferrol, querido lector, ía de maravilla na clasificación con miras mesmo a ascender e un contubernio vigués-vitoriano (que diría outro de Ferrol) veu chafar todo o conquerido ata entón, o Celta perdeu co Alavés.

Que non baixou por gañar 12 partidos de 42 xogados e sumar 50 puntos en total, non. Descendeu por esa conspiración xudeo-masónica que se produciu por 100 míseros millóns de pesetas. Con iso non te fas máis rico! Razón tiña a miña amiga Marga: Deus che dea a quen botarlle as culpas.

"No hay mayor dolor que acordarse de los tiempos felices en la desgracia" deixou dito o poeta florentino (con minúscula) hai xa uns 700 anos pero Isidro Silveira aínda non tivo un minuto en 7 séculos para lelo.

sábado, 4 de febrero de 2012

Bilingüismo en San Brais

Nun furancho de Bembrive atopei isto pero, esa última palabriña...!!! Reúne e resume mellor as dúas línguas oficiais (e obrigatorias) desta romaría (polo visto).

viernes, 6 de enero de 2012

Este vaise i aquel vaise,
e todos, todos se van. 
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar