lunes, 24 de enero de 2011

Manda carallo!

Correos non admite esta imaxe como selo. De nada lle serve ser o autor homenaxeado co gallo do Día das Letras Galegas. Non vale e non vale, ¡porque lo digo yo!.

sábado, 22 de enero de 2011

Grazas redelibros!

Texto gañador do Concurso de Microcontos en redelibros.com:
Hule sen futuro
Son dezaseis. E para eles a vida en Calvo, concello de Pardiñas é sempre a mesma: os días, os meses, os anos son todos iguais un ó outro, un ó outro. Coma as tardes en casa de Victoria. Dende que enviuvou hai xa sete anos, Nina acude ca súa veciña pra deixar pasar a vida entre partidas e paroladas, rifas e risas.
Victoria pon a quentar o leite, que tomarán con pouco azucre e menos descafeinado, “pra darlle gusto, o leite solo tamén…”, recolle a mesa e deixa cair un tapete tan descolorido coma as cartas que enriba quedan. Da igual o día, o tempo…
Só unha vez mercaron o xornal, unha vez soa. Cando a dobre páxina central apareceu a nova “La alcaldesa quería irse con el enterrador”. Unha enorme foto ocupaba ámbalas dúas páxinas, debaixo o titular e despois todos os detalles ocupando as dúas follas.
Baixo o branco frío decembro, este xoves presenta algo diferente, algo que á dona da casa non lle gosta e lle asusta. Tras facer a rutina xa autómata, hoxe deulle tempo mesmo a lavar os cacharros, varrer e fregar a cociña pero segue soa. Na televisión, un repelido rapaz di: “… estamos en directo, son as cinco e trece da tarde e…”.
Victoria apagou o lume, recolleu “a ferramenta” do vicio que ambas tiñan e sentou cas mans xuntas. Unhas fiestras con moito pasado termaban unhas bágoas cargadas de dor mentras ollaban un hule sen futuro. Eran dezasete.

miércoles, 12 de enero de 2011

sábado, 1 de enero de 2011

Un que se vai, outro que ven

Teño 2.011 desexos para vostedes, pero son moitos para enumerar aquí. Conformémonos con ila virando e sexan felices, que ben o merecen.

Feliz aninovo