viernes, 28 de mayo de 2010

Póla de loureiro.

Na primeira corrida deste San Isidro 2010, en lembranza agarimosa do finado Salvador Valverde "Salva" saíu na praza de touros de Madrid unha enorme pancarta que dicía: ¿A quién defiende la autoridad? pois este era un berro típico deste gran afeccionado.

Leeuse estes días na prensa que a Xunta (perdón, Junta) de Galicia dá carta branca ós establecementos hosteleiros pra que poidan modificar os prezos dos produtos e servizos cando lles pete, sen ter que pasar por rexistro algún e sen que cumpra selo oficial. Abonda que esté a vista nun taboleiro a lista de prezos, de xeito que hoxe pode que o viño non lle custe o mesmo que onte. Quere a casualidade que isto aconteza en ano xacobeo (jacobeo, perdón) e no comezo do verán, as cousas que ten o azar.

Ó mesmo tempo quere prohibir os furanchos, expresión autóctona, aglutinante e punto de unión das xentes da nosa terra. Ahí se canta, se bebe, se baila... pero esa clase de xente non vai, a esa xente de clase non lle vai. Déixanlle a opción que se acollan a unha das situacións da lei (bares, cafeterías e restaurantes) e que paguen as correspondentes taxas, será por esto último, non sei, digo eu. Pero un furancho é algo concreto e limitado no tempo, estacional, está mentres queda no bocoi viño da casa, da propia colleita. Despois, chave e adeus, moi boas, deica o ano que ven.

Por eles, polos furanchos abalo aquí unha poliña de loureiro.

Dirase jacobino?

Hai unha páxina www.comerenfuranchos.com , sobre eles.

jueves, 27 de mayo de 2010

Mira de ser feliz, que guapo non vas ser. Agustín Castro. "Profecías"

Polbo sen auga

A petición do público (como se di nos espectáculos) e en especial dos profesores do IES As Barxas de Moaña paso a contar como se pode facer un polbo sen pinga de auga, co que evitamos cocelo (que perdería moito ó disolver no líquido) e máis gañamos un caldo concentradísimo con moito sabor ó molusco que nos valerá para moitas cousas.


Engadir que o sabor lóxicamente e máis forte que o típico e que tamén así comprobamos canto e que (auga conxelada?) nos venden e en que queda aquél animaliño que nolo venderon por dous kilos e ó ilo comer ó final foron de verdade...

Na ola exprés valeira ó lume (aínda queda lume por ahí?) ponse o polbo e NADA MÁIS que o polbo. Vale, sí, se vostede lle bota loureiro mándelle unha folliña ou dúas se son pequenas; vostede cebola di? bótelle, bótelle. O señor gosta del con ... ou cunha peza de... tamén vale!. Pechamos unha ola exprés valeira cun polbo e cando comeze o fume a saír, o asubío a soar, a peza que indica xa subiu, etc. pois ahí dámoslle uns 6 ou 7 minutos aprox. para un polbo medio.


Pero se o queremos con pataquiñas deben abondar 5 e logo abrimos co coidado preciso, engadimosllas, suxerencia sen pelar, e deixamos arredor doutros 6 minutos nos que as patacas xa van collendo esa cor tan recordada e suxerente ou suxestiva.

Aceite, sal, pemento
e bo proveito.

Idea persoal: Pódese rematar se se quere, quédalle sempre ben, cortándolle as patas e saltealas enteiras nunha tixola cun pouco de aceite de oliva, "á prancha". Ahí é onde podemos zarrapicarlle o pemento por riba. Pelamos as patacas, esmagámolas un pouco na fonte co garfo pra que escachen en anacos irregulares, as patas encima ca testa picada, sal, aceite de oliva e... xa me contarán, xa.

miércoles, 19 de mayo de 2010

Outra vaca no millo

Eramos poucos...

Coma se non nos chegara ca outra fata...




que aínda insistiu a moi H.P., no sentido máis pexorativo do termo.

martes, 18 de mayo de 2010

Nacemento

Comeza aquí e agora este blog e que mellor para empezar que unha festa, a romaría Raigame que todos os anos celébrase en Vilanova dos Infantes, a carón de Celanova co gallo do Día das Letras Galegas. Pero como se atreve a preguntarme que data?!?!?!

Acudín por primeira vez este ano e dende aquí xa prometo que non foi o derradeiro nin moitísimo menos. É irrepetible e inesquecible polo que recomendo vivamente a asistencia. Non faltan dende a mañá deica a noite música da nosa, comida e bebida, artesanía, demostracións, xogos, postos de venda de todos os artigos (libros, queixos, antigüidades...) e un sinfín de sorpresas que asaltan a un en cada recuncho de esta (hai que dicilo) fermosísima vila.

Iso sí, algún comeza así o día



e remátao


como pode.