sábado, 25 de febrero de 2012

Outra vaca no millo ou lembranza de Dante.

A liga de fútbol en segunda división rematou na tempada 2007/08 o 15 de xuño de 2008 e boa memoria ten que ter o presidente do Rácing de Ferrol que se lembra do acontecido aquel día, a boa hora, home!
Pero o orixinal do conto é que a súa memoria actívase agora que o equipo vai mal en terceira división. Se retornara un ano despois á categoría de prata, tería estes recordos?

Iso sí, recoñezámoslle ó conxunto departamental unha mala sorte terrible: é o único equipo de toda a historia en España (estou investigando pero non atopo tampouco caso igual no mundo) que baixou por un partido, por un só encontro. Porque o Ferrol, querido lector, ía de maravilla na clasificación con miras mesmo a ascender e un contubernio vigués-vitoriano (que diría outro de Ferrol) veu chafar todo o conquerido ata entón, o Celta perdeu co Alavés.

Que non baixou por gañar 12 partidos de 42 xogados e sumar 50 puntos en total, non. Descendeu por esa conspiración xudeo-masónica que se produciu por 100 míseros millóns de pesetas. Con iso non te fas máis rico! Razón tiña a miña amiga Marga: Deus che dea a quen botarlle as culpas.

"No hay mayor dolor que acordarse de los tiempos felices en la desgracia" deixou dito o poeta florentino (con minúscula) hai xa uns 700 anos pero Isidro Silveira aínda non tivo un minuto en 7 séculos para lelo.

sábado, 4 de febrero de 2012

Bilingüismo en San Brais

Nun furancho de Bembrive atopei isto pero, esa última palabriña...!!! Reúne e resume mellor as dúas línguas oficiais (e obrigatorias) desta romaría (polo visto).