jueves, 21 de diciembre de 2017

As dúas mortes de Luis Míguez

     Onte confirmouse a segunda delas.
     O domingo 5 de novembro Luisito presentaba a dimisión como entrenador do Pontevedra. Non foi aceptada, el recuou e recibiu o apoio da súa afección. Quedou mal buscando agarimo e aplausos coma un neno pequeno e quedou mal porque quixo. Un home ten unha palabra. Ou non ten. Pero entre o honor e o diñeiro, o segundo é o primeiro. Era unha versión cristiana do "non me queren" pero sen Real Madrid. 
     E volveu quedar mal, porque quixo!, estes días. De que serve lamer a man que che da de comer cando a cabeza presta a caer é a túa? Algo xa sabía o cabaleiro cando brandiu a espada en defensa da súa amada Lupe chegando a ofender ("puñeteros desgraciados", "sinvergüenza"...) ós aficionados que fai 40 días o aclamaron mentres el paseaba diante deles recollendo a ovación. Algo xa sabía, repito, e con aquela espada desenvaiñada buscaba algo parecido a anterior vez pero dun xeito máis... máis....
 dramático. E con máis motivo. Entre os cartos... Onte foi cesado.
     Pola banda da directiva custa crer que non aproveitaran a oportunidade cando tiñan diante unha magnifica ponte de prata para alguén que fuxía (teatro do malo aparte). Máis, vendo o que logo pasou. Só se me ocorren dúas posibilidades: ou non tiñan preparado ningún adestrador ou o Pontevedra CF ten moitos cartos e sabe como gastalos.

domingo, 17 de diciembre de 2017

Medo

 

     E se hai sopa? Igual sae nela.

     Hoxe co café lin o Atlántico e atopei esta información sobre un xantar dos maiores de Valadares. Aí estaba.





     
     Coido que no mesmo apartado de "vida. Suplemento de sociedad" (saquei foto, non as atopei en internet) falaban doutro xantar, este de viúvas demócratas. (Son "demócratas"). Seica hai das outras pero estas identifícanse como tales. Non vaia ser.
     Nas dúas xuntas da esquerda, as máis pequenas... que lles digo eu?
     Non sei eu se será demócrata ou non, se cadra si, por iso está na enchedela. Agora, o de viúva, o de viúva... dame no corpo que non é.
     Na de abaixo á esquerda hai unha, perdón, un. Outro. O caso é aparecer. Hoxe aquí, mañá alá...
     Déixoos. Estanme chamando, xa está a comida na mesa. Quen estará?
     Teño medo.





miércoles, 6 de diciembre de 2017

Tempo de seca, ghaiku de auga.








 
Foise a auga.
Optimismo baleiro
das escaleiras










 






Tempo de seca.
Empédrase a auga,
non vai á beira. 






  
#Ghaiku

sábado, 23 de septiembre de 2017

Tumultuosa nova

     Di o dicionario da RAE que unha riña tumultuaria é unha "riña en que se acometen varias personas confusa y mutuamente de modo que no cabe distinguir los actos de cada una."
     Pois ben, na Voz (novela negra con resolución) si saben quen foi ou afirman que isto é unha tal, unha riña tumultuaria. Por que? Non o sei. Eles si. Supoño. 

     "Su" fiesta de soltero.     
     Peor é, e máis mágoa me da, o caso do rapaz que de solteiro fixo ou foi a unha festa, unha! (santo varón onde os haxa) e o que alí lle aconteceu...
     Se é certo o que se conta... animaliño! Zoo e barrotes.

domingo, 17 de septiembre de 2017

Ghaiku









Promesa de lúa, 
fican no chan as sombras
dun incumprimento.


sábado, 2 de septiembre de 2017

Tempo de cans, cans a destempo.

      Pois ando preocupado por dúas cousas que non me deixan vivir, ou tráenme a malvivir para ser máis exactos, xa que vivo estou.
     Quen foi o can que lle dixo a Caballero que querían unha praia? e ¿de verdade fai falla un proceso participativo con tódolos sectores implicados representados? Os cans tamén teñen que ir a expor? Supoño.
 Máis sabe Abel por can vello e anda en setembro enleando e prometendo praias. "A boa hora" dixo el. "Vouvos facer dúas" seica tamén contestou cando lle pediron unha.
   





En Francia téñeno máis claro pero os civilizados somos nós, por suposto.

miércoles, 23 de agosto de 2017

Lavadoiro


Bicos sen dar
froita sen lavar.
Intencións que non chegan a verdade.



miércoles, 2 de agosto de 2017

Paternidade 2.0 (II): Feira de vasillas

  


     Pois sigo lendo o Faro de Vigo polas mañás e tomando notas e fotografías.
     Polo que se ve, xa debe ser moda o de mercar nenos, seica si. Continuando co do doce de xuño atopei este rapaz, home... que antes de facelo quere ver o envase onde estará nove meses "o seu fillo" antes de levalo con el. 
     E apunta os detalles e condicións que debe ter aquela muller que desexe cumprirlle ó capricho ó meniño que xoga a pai. Igual que nunha feira, pódese escoller antes de inseminar. Así estamos. 
     Moi axeitada a resposta aí detallada das redes sociais. Explotación.

#NonSomosVasillas

domingo, 2 de julio de 2017

Parabéns merecidos

     No Faro de Vigo de hoxe vén esta carta de Manuel Conde (Casa Paco) na que resalta o ascenso da súa veciña Elena á Primeira División feminina. Preciosa homenaxe por certo. E merecida, abofé.
     Prégolle a Manolo que me deixe engadir dúas cousas: unha, a Zulema González (de Ourense) que tamén o fixo; e dúas, que ambas arbitrarán tamén na Terceira División masculina (outro ascenso este ano para Elena Casal como mellor árbitra de Preferente, Zulema xa estaba).
     Parabéns os tres!

lunes, 12 de junio de 2017

Paternidade 2.0(17)

     "¡Cómo cambian los tiempos, Venancio! ¿Qué te parece?" di a vella canción, guaracha creo, e non lle falta razón.
     "Lembro", porque mo contaron, as que pasou meu pai antes e despois de nacer eu e tamén como o pasou ese mesmo día e o que fixo. 
     Hoxe xa non, supoño que chamas (non sei se se pode facer por internet) e reservas un, dous ou os que queiras e poidas mercar. Cando o pedido está feito e xa saiu do forn... utero mandas a buscalo, non teñen reparto a domicilio. Iso non.
    Agora só che falta ter alguén (non teñan medo, xa o terá) que cho coide. E xa está. Paternidade 2.0.
     O que sí podía é chamarlle a un deles José (coma Mourinho, coma Saramago...), así terá algo que celebrar o rapaz.
  Comecei por unha canción e remato por un refrán, unha frase feita da nosa sabedoría popular. É meu desexo que os nenos, que tódolos seus fillos (inda de encarga) saian listos. Coma o pai. Seguro que si.
#NonSomosVasillas

viernes, 19 de mayo de 2017

Sorte para todos!

     Xa queda pouco, non teman, só tres días.
     A partir do luns os condutores de Vitrasa "extremarán o coidado" ó circular. Que facían antes? A que estabamos expostos?
     Pídennos, iso si, desculpas polas molestias que todo isto vai causar. Non, home, non, será polo de antes se é que algo ocurriu cando non había tanta precaución. Digo eu.
     Esta máxima cautela, din eles, ven logo dunhas ameazas de sanción e presións en canto ó seu traballo e horarios. Oxalá non lles pase nada. A nós tampouco.

sábado, 29 de abril de 2017

Non leven os animais ó fútbol

     Cando lin esta nova no Faro de Vigo, ó rematala pensei: "Catro anos, poucos me parecen". Foi o único que acertei a pensar, xente así non pode andar por este mundo que tratamos de compartir entre todos e moito menos no eido do deporte. Se e que isto pódese dicir ou delimita algo, só é unha parte máis da vida.
     Pero ó acabar o xornal algo debín arrefriar xa porque se cadra é excesivo o castigo. Non é compaixón ningunha, non a merece, pero se quere seguir indo ó fútbol pode. Por que non? Se cadra con bozo e cadea...