jueves, 21 de noviembre de 2013

Tempo de filloas

     Levaba tempo con ganas delas e hoxe tocou. Logo contarei como as fago, sinxeliñas, moi sinxelas, de verdade. Pero antes quero deixar aquí algo que atopei de Juan José Millán que gaña concursos coma se nada.

     Tanto de tres fariñas:
     Las filloas están hechas con seis huevos, cuarto de litro de leche tibia, cuarto litro de agua, también tibia porque es importante para que abra luego la harina de maíz (tres cucharadas), un poco de rayadura de limón o de naranja, un chorrito de aceite de girasol, una pizca de sal. El aceite es importante echárselo para que luego la filloa no agarre tanto en la sartén. Y luego dos cucharadas de harina de centeno y otras tres de harina de trigo. Todo se remueve bien y se deja reposar la masa sobre una hora, esto también es importante. Una vez hecho, se agrega el tocino en la sartén o manteca de cerdo y a trabajar con tranquilidad.
    coma de fariña de castaña feita por el mesmo:
     Medio litro de leche, medio litro de agua, un poco de aguardiente, ralladura de naranja, dos cucharadas de azúcar, medio vaso de aceite de girasol, una cucharadita de anís, cinco huevos, 150 gramos de harina de trigo y 250 de castañas pilongas para hacer la harina. Hay batir toda la mezcla, y dejar reposar la masa unos 45 minutos. A mí me gusta hacerlas en una filloeira, porque resulta más sencillo darle la vuelta.

     Para que quede mellor na memoria podedes utilizar como norma xeral, logo virán as excepcións, a metade de fariña que de líquido, aproximadamente. Con algo menos tamén sae ben, ide probando e corrixindo. E o amoado tamén gaña cando leva a metade de leite enteiro e metade de caldo. Así que as miñas de hoxe levaban 1/4 litro de leite enteiro, 1/4 de caldo (este quedoume de carne ó caldeiro), 200 gr. de fariña (xa dixen que algo menos...), 3 ovos, sal, manteiga e relei a parte máis externa da tona dun limón. Hoxe batino ca máquina e mesmo paseino polo coador chinés (se está ben pasado non fai falla) e tamén deixeino repousar, certo.
      Tixola quente, ben quente e un pouquichiño de nada de manteiga que sempre dá sabor e un cheiriño... Espállase esta cun papel de cociña (que se deixa sobre un prato por se compre usalo de novo) e a facelas. Non me gusta o azucre na masa senon que na miña casa sempre se lles engadiu xa feitas, unha  a unha pero hoxe boteille por riba panela e riquísimas! Doado, moi doado.

     E as vosas? Como son? Quero receitas. Gracias.

     (Nota: As palabras de Millán van en español porque a tradución de La Voz de Galicia... versementendedes...)