sábado, 30 de octubre de 2010

Todos con Retranca!

Agora o PP de Galicia di que a visita do Papa a Santiago deixará 17 millóns de euros de beneficio, segundo Natalia Barros, portavoz de turismo do grupo popular.

Alberto Núñez Feijóo espera recuperar o gasto multiplicado por dez. A visita podería ter un impacto económico de 31 millons de euros, segundo un estudo do Instituto de Estudos Turísticos de Galicia encargado pola Junta, segundo publicou a semana pasada La Voz de Galicia.

Pois retiro o por min aquí redactado o 15 de setembro, porque se custándonos 6.451 euros por minuto (publico.es) gañamos 17 millóns con só 3 de perda, pagaba a pena gastar os catro previstos de inicio, non? Igual eran 25 de ganancia! OU MÁIS!

Todos a Santiago! Xa saben, bandeiriñas españolas (coma non!): roja y gualda, como toda la vida e outras amarelas e brancas en dúas metades verticais. As brancas con liña azul diagonal non por favor, ésas non gostan moito. Movémolas ben e cantamos aquilo de (a música xa a saben) "Vaticanos, os recibimos con alegría..."

Cando a liberdade de expresión perde iso, a liberdade... sempre nos queda a Retranca.

martes, 26 de octubre de 2010

Se non a coidamos nós...

Gracias a Iván Estévez, que escribiu a farodevigo.es, reparei no cartel que o Concello de Vigo colocou pola cidade:


Precioso! Esas preguntas! Que prosa! Que signos de interrogación! Pero que bien falan estos do Concejo! Nunca saberemos de onde vimos e onde imos se non coidamos a nosa lingua.

Falando do Faro de Vigo, son un seguidor de Fernando Franco no seu "Mira Vigo" onde hoxe atopo o seguinte: "Han fotografiado ya a muchos vigueses (Moncho Borrajo, Corina Porro...) para un libro y una exposición." (textual, véxase http://www.farodevigo.es/opinion/2010/10/26/mira-vigo/484560.html).

E a mín non ma fixeron! Eu, que nacín en Lugo! Que teñen os de Baños de Molgas e as de Ferrol que non teñamos os lugueses? EU QUERO FOTO!

Escribinlle un comentario na internet e non mo puxeron. Non será censura. Iso sí, seguirei lendo a F. Franco.