domingo, 23 de febrero de 2025

Otero

      O chío de César Lorenzo fíxome acordante dun veciño meu que nos tempos mozos ía ó mesmo instituto ca min.Apelídase, fica claro, Otero.

     Un dos máis graciosos alumnos, compañeiro meu de clase, chamáballe (irONía) El bello Otero dado o seu especial carácter, imos deixalo aí. Dependendo da velocidade da fala ou do xunto que pronunciases o alcume... pois... era outra cousa.

     Co pasar dos anos souben doutro mozo chamado Sito que tamén pasou a ser coñecido por un adeallo. Traballaba na descarga e para se librar de cargar pesos incómodos sempre era o primeiro en subir ó camión e dende alí mandaba os paquetes os que si tiñan os pés na terra. Como a el non lle molestaba o traballo, acostumaba a apurarse e movía as caixas máis rápido do que os outros podían carrexalas. Comezaba a escoitarse "Para, Sito" cada vez máis repetido e máis alto. Dependendo da velocidade da fala ou do xunto que pronunciases esa orde... pois... era outra cousa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario