viernes, 19 de noviembre de 2021

A nena e o boi.

    


    É ben coñecido e sabido aquel vello conto que relata como unha nena pequena camiñaba pola lama unha tarde de frío e choiva miúda, mais da que empapa, seguida dun boi guiado pola cativa coa corda que os unía.

    Ó velos, un home sentado diante da súa casa, coa mágoa, só acertou a dicirlle:

    -E el non era mellor que o fixese teu pai?

    - Non! Dixo que fose o boi.

    Pois iso.

jueves, 11 de noviembre de 2021

Con acento inglés.

     Xa vai por dúas veces que estiven nas Merindades, viaxe que recomendo vivamente a quen inda non coñece nin paseou esta rexión da provincia de Burgos.
     Na primeira de elas, camiñando polas rúas de Frías, entrei nun quiosco con intención de mercar a revista Icon. Contestoume a muller maior que o atendía:
     - No, el Icón no lo tenemos.
     Canto agradecín non terlle pedido o Jotdown!
     
     Algo semellante acontécelle a este historiador americano con acento.

     (Os dous recortes están extraídos do mesmo blog do Progreso).

sábado, 23 de octubre de 2021

Mestura

     

     Nun xa máis que coñecido centro comercial vigués último modelo, nunca mellor dito, parei a tomar un vaso nun bar cun xeitoso nome tan de nós coma agarimoso.

       Noutra mesa, as dúas fillas dunha familia ("clásica", catro membros) mollaban pan (galego?) en Coca-Cola.

       Preto de min, no medio, unha muller de pelo lila xantaba cunha Fanta de laranxa.

       Mundo de cor. Mestura.