martes, 22 de diciembre de 2015

viernes, 18 de diciembre de 2015

A imaxe

     A casa da miña nai non está na praia nin tampouco sei se haberá mariscada, pero se non soupera onde pasar o fin de ano e quixeran vendermo, gustaríame polo menos iso, saber onde. Porque pagar 145 € por pasalo na praia!!! comendo marisco (nada máis?) require polo menos saber onde te levan.
    
O continente vale máis ca o contido. Hoxe en día o que importa é a imaxe.
 
     (Fotografía obtida en Chapela, Redondela)

domingo, 6 de diciembre de 2015

Respecto

Esta é a carta dun coñecido café dos soportais da Praza Maior de Lugo
     A bandeira inglesa vese ben, o menú en inglés ocupa toda unha folla en letra grande... A nosa bandeira xa vai máis en pequeno e se lemos... está todo en español, todo. Ben certo é que así entendemos todos nesas dúas follas pero entón e xa que o noso idioma non aparece, o que sobra é, desgraciadamente, a bandeira.
     Non é, coido, unha cuestión de chauvinismo ou estreitura de miras. É, simplemente, de respecto.

jueves, 22 de octubre de 2015

Ghaiku

E alá no Toural
morreu un rapaz.
Matárono de vello.
Ghaiku.

jueves, 8 de octubre de 2015

Diario de Pontevedra

Pois se chega atopar...
O resultado foi 25-15
Nin o reintegro!

viernes, 2 de octubre de 2015

Premonías


-  Ladran os cans da noite
Non os oes?
- Non, pai
- Ladran
Ángel Llop
Premonías.

sábado, 27 de junio de 2015

Atlántico

     Paseino ben onte lendo o Atlántico, o xornal. Comecei polo final coma se fose o As inda que con menos interese e atopei isto
     Xa sei que é unha actuación típica deste programa, un dos veteráns agora que non están Lola Flores, Manolo Escobar, El Fary... pero eu facíao un chisco máis novo, a verdade. Pero nada novo baixo o sol: un programa moderno propio deste século (anos 40!) e aposta polos novos valores do país.
     Non sei se sería en sucesos, supoño, onde vin isto que me deixou... cal é a palabra?



   Non entro a valorar a sentenza nin a cantidade de anos de cadea, para iso están os xuíces, céntrome nos feitos.
  Para que llos roubou? Para queimar? Se total non lle valeron para nada. Que fai agora un arousán sen...?
    E se houbera agora mesmo unha meiga ou un cociñeiro (coido que agora dise chef) lendo isto, por favor:
Para que serven os collóns de arousán? Gracias.

viernes, 26 de junio de 2015