jueves, 27 de mayo de 2010

Polbo sen auga

A petición do público (como se di nos espectáculos) e en especial dos profesores do IES As Barxas de Moaña paso a contar como se pode facer un polbo sen pinga de auga, co que evitamos cocelo (que perdería moito ó disolver no líquido) e máis gañamos un caldo concentradísimo con moito sabor ó molusco que nos valerá para moitas cousas.


Engadir que o sabor lóxicamente e máis forte que o típico e que tamén así comprobamos canto e que (auga conxelada?) nos venden e en que queda aquél animaliño que nolo venderon por dous kilos e ó ilo comer ó final foron de verdade...

Na ola exprés valeira ó lume (aínda queda lume por ahí?) ponse o polbo e NADA MÁIS que o polbo. Vale, sí, se vostede lle bota loureiro mándelle unha folliña ou dúas se son pequenas; vostede cebola di? bótelle, bótelle. O señor gosta del con ... ou cunha peza de... tamén vale!. Pechamos unha ola exprés valeira cun polbo e cando comeze o fume a saír, o asubío a soar, a peza que indica xa subiu, etc. pois ahí dámoslle uns 6 ou 7 minutos aprox. para un polbo medio.


Pero se o queremos con pataquiñas deben abondar 5 e logo abrimos co coidado preciso, engadimosllas, suxerencia sen pelar, e deixamos arredor doutros 6 minutos nos que as patacas xa van collendo esa cor tan recordada e suxerente ou suxestiva.

Aceite, sal, pemento
e bo proveito.

Idea persoal: Pódese rematar se se quere, quédalle sempre ben, cortándolle as patas e saltealas enteiras nunha tixola cun pouco de aceite de oliva, "á prancha". Ahí é onde podemos zarrapicarlle o pemento por riba. Pelamos as patacas, esmagámolas un pouco na fonte co garfo pra que escachen en anacos irregulares, as patas encima ca testa picada, sal, aceite de oliva e... xa me contarán, xa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario