viernes, 28 de mayo de 2010

Póla de loureiro.

Na primeira corrida deste San Isidro 2010, en lembranza agarimosa do finado Salvador Valverde "Salva" saíu na praza de touros de Madrid unha enorme pancarta que dicía: ¿A quién defiende la autoridad? pois este era un berro típico deste gran afeccionado.

Leeuse estes días na prensa que a Xunta (perdón, Junta) de Galicia dá carta branca ós establecementos hosteleiros pra que poidan modificar os prezos dos produtos e servizos cando lles pete, sen ter que pasar por rexistro algún e sen que cumpra selo oficial. Abonda que esté a vista nun taboleiro a lista de prezos, de xeito que hoxe pode que o viño non lle custe o mesmo que onte. Quere a casualidade que isto aconteza en ano xacobeo (jacobeo, perdón) e no comezo do verán, as cousas que ten o azar.

Ó mesmo tempo quere prohibir os furanchos, expresión autóctona, aglutinante e punto de unión das xentes da nosa terra. Ahí se canta, se bebe, se baila... pero esa clase de xente non vai, a esa xente de clase non lle vai. Déixanlle a opción que se acollan a unha das situacións da lei (bares, cafeterías e restaurantes) e que paguen as correspondentes taxas, será por esto último, non sei, digo eu. Pero un furancho é algo concreto e limitado no tempo, estacional, está mentres queda no bocoi viño da casa, da propia colleita. Despois, chave e adeus, moi boas, deica o ano que ven.

Por eles, polos furanchos abalo aquí unha poliña de loureiro.

Dirase jacobino?

Hai unha páxina www.comerenfuranchos.com , sobre eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario