Se comezo esta entrada dicindo que non todos somos iguais sería (e diso acusaríanme) demagoxia pero antes da ferida xa puxen o remedio de recoñecelo no título.
Non sei cantas persoas morren asasinadas ó día, ó mes, ó ano en Venezuela sen que se saiba, sen que sexa nova nos medios pero basta que sexa unha Miss (crime lamentábel e noxento como calquer outro) para que teña repercusión mundial e mesmo o presidente do país prometa "man de ferro" contra os delincuentes: "Voy a ir a fondo contra los que pretendan mantener la matanza", convocar a todos os gobernadores do país para coordinar solucions ó tema da inseguridade e iniciar un proceso de revisión do Plan Patria Segura, da Policía Nacional Bolivariana, bla, bla, bla. E antes?
Cantas infraccións urbanísticas hai no Grove? Non, non se poñan a contalas, é imposíbel. Pero basta que un coñecidísimo restaurante coma o Culler de Pau cunha estrela Michelín no seu poder semelle que ten algo que tal, que sei eu para que o Concello erga a bandeira da legalidade e peche o negocio, supoño que fonte de ingresos para a zona.
Repito que é igual de iluso pensar que todos somos iguais como demagóxico dicir que non o somos pero ten outro tanto de molestia que os poderes personalicen cada situación, cada caso segundo os seus intereses políticos, electorais ou populistas (demagoxia outra vez).
Quizais todo isto, o artigo, tamén sexa demagoxia, non sei.
miércoles, 8 de enero de 2014
sábado, 4 de enero de 2014
Contra a parvada no pedir...
O concello de O Carballiño pedirá que o polbo chámese pulpo. Por que? Para que? De que serve este debate? E por último, este alcalde (PP, non ten nada que ver... pero... ou si?) de El Roblecito, como tomará o polbo na próxima "Festa do pulpo"? con Albarito ou con Ribero? con patacas ou con patatas? De Álava, por suposto.
Pero como diría a miña nai: a culpa non é súa, senón de quen lle fai caso.
RAG: - Oído, cociña.
Pero como diría a miña nai: a culpa non é súa, senón de quen lle fai caso.
RAG: - Oído, cociña.
jueves, 21 de noviembre de 2013
Tempo de filloas
Levaba tempo con ganas delas e hoxe tocou. Logo contarei como as fago, sinxeliñas, moi sinxelas, de verdade. Pero antes quero deixar aquí algo que atopei de Juan José Millán que gaña concursos coma se nada.
Tanto de tres fariñas:
Las filloas están hechas con seis huevos, cuarto de litro de leche
tibia, cuarto litro de agua, también tibia porque es importante para
que abra luego la harina de maíz (tres cucharadas), un poco de rayadura
de limón o de naranja, un chorrito de aceite de girasol, una pizca de
sal. El aceite es importante echárselo para que luego la filloa no
agarre tanto en la sartén. Y luego dos cucharadas de harina de centeno y
otras tres de harina de trigo. Todo se remueve bien y se deja reposar
la masa sobre una hora, esto también es importante. Una vez hecho, se
agrega el tocino en la sartén o manteca de cerdo y a trabajar con
tranquilidad.
coma de fariña de castaña feita por el mesmo:
Medio litro de leche, medio litro de agua, un poco de aguardiente,
ralladura de naranja, dos cucharadas de azúcar, medio vaso de aceite de
girasol, una cucharadita de anís, cinco huevos, 150 gramos de harina de
trigo y 250 de castañas pilongas para hacer la harina. Hay batir toda la
mezcla, y dejar reposar la masa unos 45 minutos. A mí me gusta hacerlas
en una filloeira, porque resulta más sencillo darle la vuelta.
Para que quede mellor na memoria podedes utilizar como norma xeral, logo virán as excepcións, a metade de fariña que de líquido, aproximadamente. Con algo menos tamén sae ben, ide probando e corrixindo. E o amoado tamén gaña cando leva a metade de leite enteiro e metade de caldo. Así que as miñas de hoxe levaban 1/4 litro de leite enteiro, 1/4 de caldo (este quedoume de carne ó caldeiro), 200 gr. de fariña (xa dixen que algo menos...), 3 ovos, sal, manteiga e relei a parte máis externa da tona dun limón. Hoxe batino ca máquina e mesmo paseino polo coador chinés (se está ben pasado non fai falla) e tamén deixeino repousar, certo.
Tixola quente, ben quente e un pouquichiño de nada de manteiga que sempre dá sabor e un cheiriño... Espállase esta cun papel de cociña (que se deixa sobre un prato por se compre usalo de novo) e a facelas. Non me gusta o azucre na masa senon que na miña casa sempre se lles engadiu xa feitas, unha a unha pero hoxe boteille por riba panela e riquísimas! Doado, moi doado.
Tixola quente, ben quente e un pouquichiño de nada de manteiga que sempre dá sabor e un cheiriño... Espállase esta cun papel de cociña (que se deixa sobre un prato por se compre usalo de novo) e a facelas. Non me gusta o azucre na masa senon que na miña casa sempre se lles engadiu xa feitas, unha a unha pero hoxe boteille por riba panela e riquísimas! Doado, moi doado.
E as vosas? Como son? Quero receitas. Gracias.
(Nota: As palabras de Millán van en español porque a tradución de La Voz de Galicia... versementendedes...)
jueves, 15 de agosto de 2013
Os puntos cardinais do Faro.
Nun exame preguntáronlle a un cativo
- Cales son os catro puntos cardinais?
- Os catro puntos cardinais son tres, pero nestes intres só me lembro de dous: o norte.
En sentido contrario, crecente, di o Faro de Vigo de hoxe que "Seis jóvenes dedican seis horas diarias a ayudar a peregrinos y proteger la naturaleza en Porriño" no subtítulo, pero no pé de foto lese claramente que "El alcalde de Porriño junto a siete de los ocho voluntarios de Porriño." Vai medrando o número deles conforme un vai lendo, alégramonos pola vila do Louriña.
domingo, 28 de julio de 2013
E para comer, Lugo.
The flower and the bee. Un ribeiro en Casa d´Auga.
Empanada de tortilla, boísima, en A Voltiña (Mondoñedo). E se está de visita quede alí, no mesmo sitio, en Casa de Mañas. Tamén teñen facebook. A casa é tan preciosa coma tranquila, a atención de Chus excepcional e a comida no restaurante... non lles digo nada! Se lle queda un oquiño para a sobremesa, igual teñen leite asado. Eu tomeino.
lunes, 20 de mayo de 2013
Noraboa!
Grandísima tempada esta que remata con dous premios xustos e merecidos. O primeiro, o deportivo obtido na cancha, o Obradoiro xogará os play-offs da liga ACB por primeira vez na súa historia e tocoulles o Madrid, están tremendo xa na capital aínda que bueno, igual pasan eles. O segundo e igual de ben gañado foi nas bancadas, a súa afición é a mellor de España. Lembrémonos daquela canción de San Lázaro mediados os noventa que dicía: "Somos a mellor afición, somos do (hoxe de) Compostela" con música de "Son tus perjúmenes mujer..."
E aproveito esta entrada para felicitar tamén á Cultural Areas, CD Choco, CD Boiro e á SD Grixoa que xa son equipos da nosa Terceira División. Parabéns!
jueves, 15 de noviembre de 2012
Vai ben a cousa
Onte un só equipo de primeira división (non me pagan publicidade) fixo folga

Os demáis vaille ben, non teñen problemas... nin familias, nin amigos.
miércoles, 14 de noviembre de 2012
lunes, 20 de agosto de 2012
La verdad, entender enténdese.
Acudín hoxe mesmo ó Mercado da Tía Ni (R/ Julián Valverde, 36 - Sabarís, Baiona). Non era a primeira vez nin será a última, abofé. Aconséllolle dar unha voltiña por esta casa chea de produtos de todo tipo en merca-venda, mesmo libros ó peso, ó kilo. E se queren aproveitar aínda máis a viaxe (iso fixen eu), vaian un luns que amais de ter un rastro de antigüidades na entrada é día de mercado en Sabarís. E asegúrolle que non é malo, de certo.
E nun dos cuartos, atopei esta clasificación temática dos libros que alí se venden (estes non van ó peso) na que se ve á dereita unha explicación se cadra innecesaria bilingüe. Arriba á esquerda só vai en español e abaixo a unión de ambos idiomas sen necesidade de traducción. "Mellor, aforramos" debeu pensar quen o fixo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







