domingo, 23 de octubre de 2016

O meu derbi

Inda que anunciaban unha versión "épica" do noso himno, creo que debemos convir todos en que a actuación de Andrea Pousa foi brillante. Vaian por diante as miñas felicitacións para a artista, emocionoume.

Que facía Feijoo no palco nun derbi galego? Gustaríalle a canción anterior? Preguntaría de que cantante é? Se cadra quería mercarlle o cd para a muller que lle dará un fillo, "nacerá el primer hijo del 'soltero de oro' de la política española".

A presenza dos laterais en ataque é vital no fútbol de hoxe, aí están o primeiro e o terceiro gol do Celta. O que non queira ver iso que tape os ollos, ficará nos fabulosos oitenta para sempre. A diferenza no resultado veu dada pola calidade individual en todas as liñas, pola pegada.

Lamentables os comentarios de Bein Sports, penosos. Baixo un cheiriño deportivista que só agardaba o empate e as ocasións coruñesas foron camiñando cara un "resultado abultado", "no hay tanta diferencia...", etc e etc unha e outra vez. Que querían para falar dunha superioridade céltica no marcador? Cantos? Trinta? "A pesar del 30-0 en el descanso, no vayan a creer ustedes que..."

Balaídos está quedando moi ben, precioso. Agora só falla que sexa e quede galego no futuro. Iso de ir a "Lío Alto" ou "Lío Bajo" non o vexo, non.

No hay comentarios:

Publicar un comentario