sábado, 24 de septiembre de 2016

Discordancias

     Lémbrome dun home que coñecín hai máis de vintecinco anos. Chamábase Rafael, creo, e tiña unha mancha oscura na pel desas que percorren dende a fronte ata o pómulo ocupando todo o ollo. Chamabámoslle o Pirata. Eramos novos.

   















     Na Feira de Abril de 1989 Rafael, así estaría, quedou con outro/s amigo/s para se veren ó día seguinte xusto na Portada do recinto onda o terceiro arco. Tiña dous. Así estarían, repito.

 

     E lémbrome hoxe tras ver este fermosísimo cadro na pinacoteca Fernández del Riego no Casco Vello Alto, en Vigo. Por se non o coñecían, non me custa nada dicirlles que é de Carl Fröschl, o título encántame, que imaxinación! e está datado no... si, no... no...

No hay comentarios:

Publicar un comentario