Qué grande é o poder de ubicación dunha simple coma!
Lee a seguinte frase, onde falta unha coma: "Se o home soupera realmente o valor que ten a muller andaría en catro patas na súa búsqueda".
Se es muller, con toda seguridade colocarías a coma despois da palabra "muller".Se es home, con toda seguridade colocarías a coma despois da palabra "ten".
OU NON?
Esta broma circula por internet pero na cidade de Vigo, fronte ó porto, pódese ver isto
Corina Porro Martínez terá moitas virtudes, non sei, digo eu. Entre elas ser a nena no bautizo, a noiva na voda e a morta no funeral, agás concelleira en Vigo. Ou xogo de dianteiro ou non xogo, eu estou aquí para marcar os goles e figurar nos xornais, non para traballar por Vigo. E como escolleron a outro "caballero" para mandar, marcha. O que si non sei e se pode inaugurar o mar no que desapareceron mariñeiros. Quizáis lle falle unha vírgula a ese mar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario