jueves, 30 de julio de 2020

Cultura comercial








Que entenden no Carrefour por cultura?
















Que pensan que é?







Cultura, por favor, máis cultura!


sábado, 25 de julio de 2020

Redondela

      

     A triste historia daquel home que saíu da casa á noitiña e botouse a camiñar.

  Ó pouco, escasos metros despois, pousou unha bolsa que levaba na man e botou un pito. Sentía a necesidade.

    Aburrido, canso, decidiu regresar e ó entrar pola porta non sabía por que nin para que saíra da casa. Nunca o saberá.

     Non lle gusta pasear.

sábado, 25 de abril de 2020

martes, 17 de marzo de 2020

martes, 10 de marzo de 2020

O importante.

Conta o vello chiste, aquela frase xa antiga, que "moito gaña o que perde a unha muller" (Non sabe o que gaña...). Ou era certo?
Bromas aparte, que sigan perdendo estes bos mozos de La Estafeta. É o meu desexo. Polo que se ve, igual gañan a liga. Segundo o Diario de Pontevedra, claro está.
Perder, gañar... O importante é... o obxectivo.

martes, 11 de febrero de 2020

Ameixas frescas da area


- Para aí, nena! Anda, lévame unhas ameixas, reina.
- Non, non llas levo que hoxe non quero. 
- Leva, oh, leva. Lévame unhas poucas anquesea.
- Non, gracias, non levo. A como mas deixa?
- Ven aquí que chas arreghlo. Canto me das?

martes, 26 de noviembre de 2019

Pérdese polo camiño



 Meu pai, na mili, foi asistente dun mando do seu cuartel.
Unha das súas funcións, moi importantes e de alta seguridade polo que se ve, era ir ó bar e traerlle unha copa de coñac.
Conta miña nai que a cantidade que saía do bar nunca era igual á que lle chegaba ó coronel.





Todo é bo se chegan 100 gramos ó xulgado.

viernes, 17 de mayo de 2019

jueves, 18 de abril de 2019

Sen cascudas






- "Todo limpo!"
Gregor, satisfeito, asinou o seu traballo.

lunes, 11 de marzo de 2019

Pinchazo


     






 
     O Pontevedra, malia que "concede un empate" ó final do partido, acabou perdéndoo 0-1, polo que se le no Faro de hoxe. Inxustiza ou mala sorte? Supoño que poderán reclamar o punto que lles falta nas instancias oportunas.
     E iso que xogaban (polo que se ve) co escudo do Celta, equipo que inda está en primeira división. Pero nin así.