miércoles, 27 de julio de 2016

E a bolsa do sancristán?

As novas fontes, descoñecidas por min cando menos, de financiación da Igrexa en Francia pasan por cravar unha chincheta nun toro de árbore. E pagar, claro!
 
     





Ben pretiño xa hai repostos, non vaia ser.





E isto?
De lonxe semella unha gaiola para as pitas pero non o é.

domingo, 19 de junio de 2016

Non agardes

Non me agardes esperta, 
podo tardar.
Non me agardes esperta, 
dixo o viúvo.

domingo, 15 de mayo de 2016

Respecto II

      Esta foto non foi tomada nin en Londres nin en Massachusetts, isto é Vigo e o que non saiba inglés non almorza.
     Iso si, está bilingüe (reiteracións tarta-pie aparte) tal como gusta nos tempos modernos.


lunes, 2 de mayo de 2016

Somos ben curiosos

     Ben faría Marta Doviro en pasar por Vigo. Enchería unha tempada enteira do seu programa.
    
     
     Porque neste neoxornalismo imperante aprendemos que unha ruptura de parella non é unha separación e, aí vou!, que unha separación "amistosa" non é unha ruptura de parella.
     Polo que se ve, nesta cidade hai máis das segundas. Aledámonos.

sábado, 27 de febrero de 2016

Cruce xeométrico













Non son quen de entender a xeometría deste coñecido cruce francés.
Tampouco me atrevín a preguntarllo a quen me atendeu. Con ese nome... Ti de aquí non es, ou?

sábado, 20 de febrero de 2016

miércoles, 3 de febrero de 2016

Hola, me llamo Genjo

Así tratan a nosa língua na Televisión Española, nunca mellor dito.
(Xinzo ten a mesma orixe que Xenxo)

viernes, 1 de enero de 2016

Era visto

Evaristo
É bar isto?
Isto é bar
Era visto!

martes, 22 de diciembre de 2015

viernes, 18 de diciembre de 2015

A imaxe

     A casa da miña nai non está na praia nin tampouco sei se haberá mariscada, pero se non soupera onde pasar o fin de ano e quixeran vendermo, gustaríame polo menos iso, saber onde. Porque pagar 145 € por pasalo na praia!!! comendo marisco (nada máis?) require polo menos saber onde te levan.
    
O continente vale máis ca o contido. Hoxe en día o que importa é a imaxe.
 
     (Fotografía obtida en Chapela, Redondela)