domingo, 23 de febrero de 2025

Otero

      O chío de César Lorenzo fíxome acordante dun veciño meu que nos tempos mozos ía ó mesmo instituto ca min.Apelídase, fica claro, Otero.

     Un dos máis graciosos alumnos, compañeiro meu de clase, chamáballe (irONía) El bello Otero dado o seu especial carácter, imos deixalo aí. Dependendo da velocidade da fala ou do xunto que pronunciases o alcume... pois... era outra cousa.

     Co pasar dos anos souben doutro mozo chamado Sito que tamén pasou a ser coñecido por un adeallo. Traballaba na descarga e para se librar de cargar pesos incómodos sempre era o primeiro en subir ó camión e dende alí mandaba os paquetes os que si tiñan os pés na terra. Como a el non lle molestaba o traballo, acostumaba a apurarse e movía as caixas máis rápido do que os outros podían carrexalas. Comezaba a escoitarse "Para, Sito" cada vez máis repetido e máis alto. Dependendo da velocidade da fala ou do xunto que pronunciases esa orde... pois... era outra cousa.

sábado, 26 de agosto de 2023

Farol de Guimaraes.

 Non te podes agochar na transparencia.

domingo, 18 de septiembre de 2022

sábado, 4 de junio de 2022

Conxunto baleiro.

 

 

Xunta de Galicia.

Servizo público.

Redondela.

    

      

     Se alguén precisa de coidados porta a porta, no remolque semella indicado para os vellos, que se achegue o camión, por favor.

     Outra cousa non a vexo eu posíbel.

miércoles, 25 de mayo de 2022

Cago na coma!

     Pois isto aconteceume hai uns anos en Lugo.

     Entrei unha mañá nun quiosco da Rúa Nova para mercar o xornal e a señora que o atendía, tras buscar e buscar, buscar e buscar, buscar e buscar, acabou ollándome para me dicir exactamente o mesmo:

Sin duda, no hay progreso.

     Imos cara atrás, ben sabido é.
     Esas comas...

domingo, 15 de mayo de 2022

Ghaiku

 

 

 

 

 Como chovía!

 

Xuventude, tesouro.


 

 

 Logo sarabiou.

sábado, 14 de mayo de 2022

Ghaiku


 

 Troca a praia

humano por animal

día por noite.

lunes, 25 de abril de 2022

Ghaiku




Lunes de Aguas.
Bo proveito, mighiños!
A falta de hornazo...

viernes, 19 de noviembre de 2021

A nena e o boi.

    


    É ben coñecido e sabido aquel vello conto que relata como unha nena pequena camiñaba pola lama unha tarde de frío e choiva miúda, mais da que empapa, seguida dun boi guiado pola cativa coa corda que os unía.

    Ó velos, un home sentado diante da súa casa, coa mágoa, só acertou a dicirlle:

    -E el non era mellor que o fixese teu pai?

    - Non! Dixo que fose o boi.

    Pois iso.

jueves, 11 de noviembre de 2021

Con acento inglés.

     Xa vai por dúas veces que estiven nas Merindades, viaxe que recomendo vivamente a quen inda non coñece nin paseou esta rexión da provincia de Burgos.
     Na primeira de elas, camiñando polas rúas de Frías, entrei nun quiosco con intención de mercar a revista Icon. Contestoume a muller maior que o atendía:
     - No, el Icón no lo tenemos.
     Canto agradecín non terlle pedido o Jotdown!
     
     Algo semellante acontécelle a este historiador americano con acento.

     (Os dous recortes están extraídos do mesmo blog do Progreso).

sábado, 23 de octubre de 2021

Mestura

     

     Nun xa máis que coñecido centro comercial vigués último modelo, nunca mellor dito, parei a tomar un vaso nun bar cun xeitoso nome tan de nós coma agarimoso.

       Noutra mesa, as dúas fillas dunha familia ("clásica", catro membros) mollaban pan (galego?) en Coca-Cola.

       Preto de min, no medio, unha muller de pelo lila xantaba cunha Fanta de laranxa.

       Mundo de cor. Mestura.

     

jueves, 8 de octubre de 2020

Así estamos, así nos vai.

  
  Isto aconteceu nos días previos a unha das eleccións, houbo que repetir: decembro de 2015 e xuño de 2016, que outorgaron a Rajoy a Presidencia do Goberno por segunda vez consecutiva.

    Entrei nun bar a tomar un café e ó meu carón falaban na barra (ai, a barra!) dous homes sen que eu escoitara nin prestara atención ningunha até que un dixo:

    - Eu xa sei que estes rouban, pero é que os outros...

    Pois iso.

    Máis vale mao coñecido...

    Até cando? Por que?


lunes, 14 de septiembre de 2020

Vigo na Historia.

     
  

   Basilio, meu, se cadra 500 séculos son algo moito para que Vigo coñecese o poboamento humano. Non sei, digo eu. Ti vaille quitando anos e eu doulle parola a esta entrada sobre o libro que veño de ler.



    





     E gustoume, abofé que si. Rápido e breve recorrido pola historia da cidade, desperta interese ó tempo de achegar información ou aclarar cuestións que un sempre garda no armario das dúbidas e dos sucesos non aclarados ou inda non investigados polo miúdo. É este libro unha porta aberta a novas descubertas.
     De Basilio Cegarra:
     Vigo na Historia.
     A nosa terra.
     64 páxinas.

domingo, 13 de septiembre de 2020

Ghaiku


En Redondela
Rafael Alberti ve
lancha en terra.

jueves, 30 de julio de 2020

Cultura comercial








Que entenden no Carrefour por cultura?
















Que pensan que é?







Cultura, por favor, máis cultura!


sábado, 25 de julio de 2020

Redondela

      

     A triste historia daquel home que saíu da casa á noitiña e botouse a camiñar.

  Ó pouco, escasos metros despois, pousou unha bolsa que levaba na man e botou un pito. Sentía a necesidade.

    Aburrido, canso, decidiu regresar e ó entrar pola porta non sabía por que nin para que saíra da casa. Nunca o saberá.

     Non lle gusta pasear.

sábado, 25 de abril de 2020

martes, 17 de marzo de 2020

martes, 10 de marzo de 2020

O importante.

Conta o vello chiste, aquela frase xa antiga, que "moito gaña o que perde a unha muller" (Non sabe o que gaña...). Ou era certo?
Bromas aparte, que sigan perdendo estes bos mozos de La Estafeta. É o meu desexo. Polo que se ve, igual gañan a liga. Segundo o Diario de Pontevedra, claro está.
Perder, gañar... O importante é... o obxectivo.

martes, 11 de febrero de 2020

Ameixas frescas da area


- Para aí, nena! Anda, lévame unhas ameixas, reina.
- Non, non llas levo que hoxe non quero. 
- Leva, oh, leva. Lévame unhas poucas anquesea.
- Non, gracias, non levo. A como mas deixa?
- Ven aquí que chas arreghlo. Canto me das?