Onte confirmouse a segunda delas.
O domingo 5 de novembro Luisito presentaba a dimisión como entrenador do Pontevedra. Non foi aceptada, el recuou e recibiu o apoio da súa afección. Quedou mal buscando agarimo e aplausos coma un neno pequeno e quedou mal porque quixo. Un home ten unha palabra. Ou non ten. Pero entre o honor e o diñeiro, o segundo é o primeiro. Era unha versión cristiana do "non me queren" pero sen Real Madrid.
E volveu quedar mal, porque quixo!, estes días. De que serve lamer a man que che da de comer cando a cabeza presta a caer é a túa? Algo xa sabía o cabaleiro cando brandiu a espada en defensa da súa amada Lupe chegando a ofender ("puñeteros desgraciados", "sinvergüenza"...) ós aficionados que fai 40 días o aclamaron mentres el paseaba diante deles recollendo a ovación. Algo xa sabía, repito, e con aquela espada desenvaiñada buscaba algo parecido a anterior vez pero dun xeito máis... máis....
dramático. E con máis motivo. Entre os cartos... Onte foi cesado.
Pola banda da directiva custa crer que non aproveitaran a oportunidade cando tiñan diante unha magnifica ponte de prata para alguén que fuxía (teatro do malo aparte). Máis, vendo o que logo pasou. Só se me ocorren dúas posibilidades: ou non tiñan preparado ningún adestrador ou o Pontevedra CF ten moitos cartos e sabe como gastalos.